Buscar este blog

domingo, 15 de diciembre de 2013

¡AMIGOS VISIBLES E INVISIBLES!

Estou segura de que os seus fillos e fillas xa lles falaron da idea que eles tiveron a semana pasada de celebrar a festa do "amigo invisible". A min, con certas normas pareceume ben mais eles comprenderon, despois das miñas explicacións, que as dúas cousas máis importantes do xogo son, primeiro gardar o segredo de quen será o teu amigo-a invisible e, segundo, o agasallo non poderá ser mercado, ten que ser feito polos rapaces e rapazas sen teren gastado nada de diñeiro. Mañana repartiremos os papeis cos nomes dos vinteséis nenos e nenas que quixeron participar voluntariamente nesta festa. Se algunha nai ou pai quere axudar na elaboración do pequeno regalo para o amigo-a invisible o agradecemento do seu fillo-a supoño que será grande. O próximo venres daranse os agasallos e experimentarán que a amizade é o auténtico regalo e que os agasallos máis bonitos son os que se fan con e dende o corazón. Non si?