Buscar este blog

jueves, 21 de marzo de 2013

¡ AGORA TOCA DESCANSAR!

Vai rematar unha semana de moito esforzo e traballo para todos. De nervios, de estudio, de repasos...Hoxe, como xa sabíades, levaron o informe das calificacións deste segundo trimestre.teñen que traer a parte de abaixo das notas firmada por vostedes, os seus pais. A calificación das asignaturas impartidas por mín é consecuencia do seu traballo diario, do seu comportamento, da súa actitude e do seu esforzo. Si quero resaltar a necesidade de reforzar a aprendizaxe de Lingua Galega pois, en xeral, cóstalles moito falar e escribir neste idioma. Permítanme a miña humilde recomendación de ofrecerlles a oportunidade de ler máis en galego xa que a lectura é a porta principal para o coñecemento dunha língua. Agora é tempo de descansar e tomar folgos para que o vindeiro trimestre todo saia estupendamente ben.

lunes, 18 de marzo de 2013

¡LER EN GALEGO!

Permitídime que esta entrada do blog sexa para contarvos por que o venres pasado mandeilles escribir na axenda que, a partires do terceiro trimestre, consideraba apropiado e moi necesario que os vosos fillos e fillas lesen libros escritos en Língua Galega no Plan lector que temos todos os días no cole cunha duración de vinte minutos. Como poden comprobar len moito máis e moito mellor en castelán, tamén, e consecuentemente, exprésanse mellor nesta língua. O único propósito da miña recomendación de ler libros en galego é axudarlles a coñecer mellor a língua, coñecemento que lles vai levar a expresarse nese idioma, pois a verdade é que nas clase de Medio e Língua galega seguen a falar, maioritariamente, en español. Penso que eses vinte minutos diarios poden servirlles de gran axuda, xa non so para este curso, senón e principalmente para a súa mellor preparación para afrontar o curso de terceiro de primaria. Estou segura de que entenden os meus propósitos sendo conscentes de que poden ler no idioma que queiran o resto do tempo que poidan ter libre. Todos sabemos que o verdadeiramente importante é que desfruten da lectura.

jueves, 14 de marzo de 2013

¡VISITA AO MUSEO!











Os vosos fillos e fillas tiñan moitas ganas de ir ao Museo de Belas Artes e penso que non saíron decepcionados. Foi unha visita entretida, didáctica e moi participativa. Nuria, a monitora-guía do noso grupo, foi quen de atraer a atención da gran maioría dos rapaces en todo o tempo que durou a visita. Ao final da mesma non foron so espectadores senón que tiveron a ocasión de amosar as súas dotes como artistas creando as súas propias caricaturas. Cando as teñan rematadas levaranas para casa para que poidan ver as súas obras orixinais, únicas e moi, moi coloridas. Mándolles as fotos que me permitiron sacar xa que o flash da cámara podía estropear algunhas das obras. Así mo dixeron, así o conto. Espero, como sempre, que lles gusten.

martes, 12 de marzo de 2013

¡EXAMES VENTILADOS!

Refírome aos "exames" que fixeron os vosos fillos e fillas no día de hoxe. Todo foi ben, bastantes faltas de ortografía pero boa comprensión dos exercicios. É normal que teñan faltas ortográficas cando no copian o texto. O que non é normal é que unha racha forte de vento me levase os "exames" polo aire para deixalos pousados sobre o chan recibindo unha chuvia que non deixaba de caer. Pódense imaxinar o estado no que quedaron as follas que me levaba para correxir. Collínos como puiden, mollada eu, mollados eles ( os "exames"). Nada máis chegar a casa convertínme en peluqueira para secar un a un cada folio empapado. É por iso que espero desculpen o mal estado das probas de Lengua. Oxalá que mañán, aínda que chova e viaxe o vento, os papeis queden como estaban:secos.

domingo, 10 de marzo de 2013

QUE BEN QUE TODO SAIA BEN!

Como era de esperar, a atención dos vosos fillos e fillas mellorou moitísimo nestes últimos días. Estou segura de que, a partires de hoxe, as faltas de ortografía que cometían ao copiar das pizarras irán disminuindo ata chegar a ningunha, como xa sucede coa gran maioría. É importante que, chegado o fin do segundo trimestre, sexan capaces de copiar sen cometer erros. Agora era o momento de acadar este obxectivo e creo que está conseguido. Por outra banda, nesta semana que vai comezar farán varios "exames": o martes 12 farán o de Lengua( as dúas últimas unidades do libro); o mércores 13, Lingua(as dúas últimas unidades do libro); o xoves 14, Mate ( as dúas últimas unidades do libro) e o venres 15, Medio( a unidade adicada ás plantas, árbores e arbustos). O aprendizaxe das táboas do 1 ao 5 tamén é un obxectivo conseguido pola maioría dos vosos fillos e fillas. Puideron ver polos "exames" que levaron a casa como foron capaces de aprendelas sen ter que contar cos dedos. Todos os días repasarémoslas para que, como o andar en bicicleta, non as esquezan. Seguro que xa viron pola nota mandada a través dos seus fillos que o xoves terán unha saída didáctica, a entrada é gratuita, os pais que queiran que os seus fillos realicen esta saída terán que abonar o precio do transporte que, como saben dende principio de curso, é de tres euros. O tempo non corre, voa.

miércoles, 6 de marzo de 2013

¡REPASO DAS TÁBOAS!

Os vosos fillos e fillas mañán volverán facer o "exame" de táboas ata o cinco, incluido. Xa veron como foi o primeiro, ben pero con posibilidades de mellorar. Saíron moi ben as multiplicacións das táboas do 0, do 1 e do 2 mais a partir do tres non saíron tan ben. Non pensen que fago estas probas por capricho meu, comprobei que é o único xeito de aprendelas sen contar cos dedos, explicándolles aos rapaces que non lles vou deixar tempo de máis para ir contando nas súas mentes sen saber verdadeiramente as táboas. Díxenlles tamén que estudar as táboas era como aprender a andar en bici: unha vez que se aprende non se esquece xamais. Están traballando ben aínda que os despistes nas copias que fan do encerado ( todo o que eles escriben xa está escrito por min nas pizarras) pódelles dar idea do despistados que están ás veces. Tampouco fágolles repetilos na casa por capricho meu, chegado este momento do curso, despois de intentar que atendesen ao que fan milleiros de veces antes de chegar a este traballo na casa ( para os que non o copiaron ben na clase) e querendo cumprir os obxectivos que teñen que ir acadando en cada tramo do curso, penso que pode servirlles de axuda e de reforzo as posibles copias que teñan que facer. Esa é a miña intención: axudalos a aprender, axudalos para chegar a Terceiro de primaria o mellor preparados posible. Seguro que o conseguen. Teño toda a miña confianza posta neles.

lunes, 4 de marzo de 2013

¡TODO ESTÁ BEN!

Hoxe quero explicar por que non me gusta nada ver chorar a uns nenos que, por pensar que non souberon ben todas as multiplicacións que fixeron no "exame" de táboas, botaron a chorar como se algo grave ou moi malo estivese a pasar. Disgusteime de verdade. Estivemos falando da importancia das cousas, do que realmente pode ser considerado importante: a saúde principalmente, ter unha familia que te queira, ter amigos, non pasar fame como pasan tantas persoas no mundo...Deixaron de chorar e, de novo, un sorriso iluminoulles as súas caras. Non sei se estou equivocada, se cadra si, non sei, pero eu díxenlles que equivocarse cando un fai todo o que pode non pode levar de ningunha maneira a chorar, díxenlles que todos erramos moitísimas veces, todos, que estamos aprendendo continuamente e que o aprendizaxe conleva moitas equivocacións. Estou segura de que entenderon perfectamente o que lles estaba a dicir. Eles están traballando tanto como sempre, que é moito. O único que cambiou foi, pola miña parte, o método utilizado para procurar que teñan os menos erros posibles. Son todos eles capaces de facer as cousas moi ben, cando queren. Todos estes meses pasados pedíalles cada día que prestasen moita atención á hora de copiar das pizarras ( a maioría das veces escribo todo no encerado clásico e na pizarra dixital) e cada día que lles correxía as libretas comprobaba que a gran maioría, vintecinco de vintecinco, cometían erros, algúns tan sorprendentes como escribir "i" en vez de "y", palabras con "vr" ou "vl" en lugar de "br" e "bl", letras " ies" sen o punto, letras "t" sen o paliño vertical, empezar a escribir con minúscula ou non poñer os nomes propios, como os seus propios, con maiúscula, incluidos os seus propios nomes e apelidos con faltas de orotgrafía. Foron moitos días de pedirllo por favor. Mais resulta que,  despois de tres días de dicirlles que o que non COPIASE DA PIZARRA sen faltas de ortografía, tiña que copialo outra vez na casa e traelo firmado polos seus pais, so catro rapaces de vintecinco, no día de hoxe,tiveron algún fallo, aínda que moitos menos que nos días pasados. Non sei se dicir lamentablemente ou casualmente ou naturalmente...non sei. O que si se comprobou foi que palabras de cariño, de pedir por favor, teñen menos repercusión neles que mandarlles copiar outra vez na casa. Supoño que vostedes tamén o verán así despois do que lles estou a contar. Pero, desde logo, pola miña parte nada esencial cambiou. Seguen sendo para mín nenos e nenas que merecen todo o mellor que lles poidamos ofrecer, que teñen todo o dereito a equivocarse e que aprenden rápido e ben. Se cadra, se nós, os pais, lembramos a nosa infancia no cole, verémonos igual que eles. Quero que lles quede claro, moi claro, que o que fago sempre é coa mellor intención. O tempo vai pasando moi deprisa e quero que vaian para Terceiro de primaria o mellor preparados que poidan ir. Asegúrolles que farei todo o mellor para eles. Quéroos moito.