Buscar este blog

domingo, 10 de marzo de 2013

QUE BEN QUE TODO SAIA BEN!

Como era de esperar, a atención dos vosos fillos e fillas mellorou moitísimo nestes últimos días. Estou segura de que, a partires de hoxe, as faltas de ortografía que cometían ao copiar das pizarras irán disminuindo ata chegar a ningunha, como xa sucede coa gran maioría. É importante que, chegado o fin do segundo trimestre, sexan capaces de copiar sen cometer erros. Agora era o momento de acadar este obxectivo e creo que está conseguido. Por outra banda, nesta semana que vai comezar farán varios "exames": o martes 12 farán o de Lengua( as dúas últimas unidades do libro); o mércores 13, Lingua(as dúas últimas unidades do libro); o xoves 14, Mate ( as dúas últimas unidades do libro) e o venres 15, Medio( a unidade adicada ás plantas, árbores e arbustos). O aprendizaxe das táboas do 1 ao 5 tamén é un obxectivo conseguido pola maioría dos vosos fillos e fillas. Puideron ver polos "exames" que levaron a casa como foron capaces de aprendelas sen ter que contar cos dedos. Todos os días repasarémoslas para que, como o andar en bicicleta, non as esquezan. Seguro que xa viron pola nota mandada a través dos seus fillos que o xoves terán unha saída didáctica, a entrada é gratuita, os pais que queiran que os seus fillos realicen esta saída terán que abonar o precio do transporte que, como saben dende principio de curso, é de tres euros. O tempo non corre, voa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Puedes dejar aquí tu opinión, comentarios o lo que desees...