Buscar este blog

lunes, 4 de marzo de 2013

¡TODO ESTÁ BEN!

Hoxe quero explicar por que non me gusta nada ver chorar a uns nenos que, por pensar que non souberon ben todas as multiplicacións que fixeron no "exame" de táboas, botaron a chorar como se algo grave ou moi malo estivese a pasar. Disgusteime de verdade. Estivemos falando da importancia das cousas, do que realmente pode ser considerado importante: a saúde principalmente, ter unha familia que te queira, ter amigos, non pasar fame como pasan tantas persoas no mundo...Deixaron de chorar e, de novo, un sorriso iluminoulles as súas caras. Non sei se estou equivocada, se cadra si, non sei, pero eu díxenlles que equivocarse cando un fai todo o que pode non pode levar de ningunha maneira a chorar, díxenlles que todos erramos moitísimas veces, todos, que estamos aprendendo continuamente e que o aprendizaxe conleva moitas equivocacións. Estou segura de que entenderon perfectamente o que lles estaba a dicir. Eles están traballando tanto como sempre, que é moito. O único que cambiou foi, pola miña parte, o método utilizado para procurar que teñan os menos erros posibles. Son todos eles capaces de facer as cousas moi ben, cando queren. Todos estes meses pasados pedíalles cada día que prestasen moita atención á hora de copiar das pizarras ( a maioría das veces escribo todo no encerado clásico e na pizarra dixital) e cada día que lles correxía as libretas comprobaba que a gran maioría, vintecinco de vintecinco, cometían erros, algúns tan sorprendentes como escribir "i" en vez de "y", palabras con "vr" ou "vl" en lugar de "br" e "bl", letras " ies" sen o punto, letras "t" sen o paliño vertical, empezar a escribir con minúscula ou non poñer os nomes propios, como os seus propios, con maiúscula, incluidos os seus propios nomes e apelidos con faltas de orotgrafía. Foron moitos días de pedirllo por favor. Mais resulta que,  despois de tres días de dicirlles que o que non COPIASE DA PIZARRA sen faltas de ortografía, tiña que copialo outra vez na casa e traelo firmado polos seus pais, so catro rapaces de vintecinco, no día de hoxe,tiveron algún fallo, aínda que moitos menos que nos días pasados. Non sei se dicir lamentablemente ou casualmente ou naturalmente...non sei. O que si se comprobou foi que palabras de cariño, de pedir por favor, teñen menos repercusión neles que mandarlles copiar outra vez na casa. Supoño que vostedes tamén o verán así despois do que lles estou a contar. Pero, desde logo, pola miña parte nada esencial cambiou. Seguen sendo para mín nenos e nenas que merecen todo o mellor que lles poidamos ofrecer, que teñen todo o dereito a equivocarse e que aprenden rápido e ben. Se cadra, se nós, os pais, lembramos a nosa infancia no cole, verémonos igual que eles. Quero que lles quede claro, moi claro, que o que fago sempre é coa mellor intención. O tempo vai pasando moi deprisa e quero que vaian para Terceiro de primaria o mellor preparados que poidan ir. Asegúrolles que farei todo o mellor para eles. Quéroos moito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Puedes dejar aquí tu opinión, comentarios o lo que desees...