Buscar este blog

domingo, 28 de octubre de 2012

¡SON TODOS OS QUE ESTÁN PERO NON ESTÁN TODOS OS QUE SON!







Como ben sabedes o xoves pasado fomos ao cine. Portáronse moi ben tanto no autobús como na sala do C.G.A.I. Aínda que a película durou dúas horas, polas súas caras e gargalladas penso que o pasaron ben. Levaron para a casa unha nova historia sen fin ata que eles a remataran. Seguro que tamén vos decatastes de que o xoves, en vez de ter un capítulo como estaban a levar os demais días, levaron un escrito sen ser capítulo. A razón foi  que o que  lles tocaría, como foi escrito tempo atrás, non se correspondía co que estaba a pasar neste día concreto de outubro de 2012. Foi por iso que as titoras de 2º decidimos darlle outra lectura nova e continuar co anterior cando o que se conte se corresponda coa realidade. Cando o vexades os daredes conta perfectamente do que vos estou a dicir. Esta semana que comeza será especial. Celebraremos o Samaín con distintas actividades e o mércores, como día central da conmemoración, poderán vir disfrazados aqueles nenos e nenas que libremente así o prefiran. Espero que o celebren con ledicia. Por certo, nas fotos que vos mando non están todos os rapaces, foime imposible sacalos sen fotografiar totalmente a nenos e nenas doutras clases. A próxima vez intentarei que estean todos os que son.

miércoles, 24 de octubre de 2012

¡ UNHA DE PALOMITAS!

Mañán iremos ao C.G.A.I. para ver unha película que creo que paga a pena ser vista. Espero que os vosos fillos e fillas, despois de saír do cine, tamén o pensen. Xa vos contarán e xa vos contarei. Respecto aos "exames" direivos que mañán, xoves, levaranos para casa para que os vexades. Recordade, ante todo, o que falamos o día da reunión de principio de curso relativo a eses "controis". Aínda temos moito tempo por diante para mellorar e facelo, segundo que persoa, un pouco ou moito mellor. Non é doado para eles. Son os primeiros que fan e, algúns deles, falan co compañeiro con toda normalidade, non se decataron todavía do que están a facer. Estou segura de que pouco a pouco irán collendo práctica, como tamén facemos nós, os adultos, cando nos enfrentamos a novos retos, non si?

domingo, 21 de octubre de 2012

¡ IMOS DE CINE!

Para que os vosos fillos e fillas se relaxen despois duns días de exame o vindeiro xoves poderán ir a unha sesión de cine ofertada polo C.G.A.I. de A Coruña dun xeito gratuito. Os vosos fillos terán que pagar 3 euros que cobran polo transporte. Penso que a película gustaralles e as actividades que faremos sobre elas tamén. Xa vedes polos exames que están a levar a casa como van saíndo as cousas. O xoves non fixemos o de Lingua porque houbo rapaces que non asistiron ao colexio por secundar a folga convocada para ese día; desa maneira pasou para o venres. Como moitos deles non o remataron o luns seguirán facendoo, o martes farán o de Mate e o mércores o de Medio. Quero que saibades que xa comezamos coa resta levando e, como supoñía, parece que non hai nin haberá problemas que non poidan resolverse. A maioría deles penso que teñen xa asimilado o proceso deste tipo de resta. Pouco a pouco seguro que todos restan tan ben como suman. Failles graza saber que nas matemáticas, como na vida, é bo devolver o que se pide prestado. Eles sabeno ben.

martes, 16 de octubre de 2012

¡ UNHA NOVA EXPERIENCIA!

Como seguramente os terán xa informados os vosos fillos e fillas mañán comezaremos a facer exames de cada unidade e cada asignatura. Eles levarano apuntado na axenda. O mércores farán o de Lengua, o xoves o de Lingua, o venres o de Matemáticas e para a semana que ven o de Medio. Unha vez que estean correxidos levarán na axenda a nota que sacaron, así estaredes informados de como van saíndo. Son situacións novas que lles van preparando para o próximo ciclo. Saberán que no tempo do examen no poderán ollar aos seus compañeiros nin poderán falar con eles, simplemente terán que facer o que eles xa fan habitualmente: traballalo como se fose unha ficha. Non quero que se me pase por máis tempo o meu sincero agradecemento por todo o traballo que fan algúns pais e nais como agasallos para todos os nenos cando os seus fillos están de aniversario. Teríades que ver as caras dos rapaces, nunca esperan o que se lles dá. Hai moito traballo e tempo neses regalos. Se cadra...demasiado.

domingo, 14 de octubre de 2012

¡ APRENDER DIVERTÍNDOSE!

Sería estupendo que para todos e para cada un de nós aprender fose un sinónimo especial de divertirse. Non sempre van xuntos o aprendizaxe e a diversión. Ás veces non poden ir por moito que o intentemos. Dende logo non é o que nos sucede cando traballamos co libro de APDI. Entreténlles moitísimo e estou segura de que afianzan conceptos sen se decataren, entretidos como están en buscar semexanzas, diferencias, parecidos, iguais...de todo un pouco na viña das matemáticas. Por outra banda decirvos que a nova compañeira síntese moi a gusto cos seus novos compañeiros e compañeiras. Non cabe dúbida de que somos moitos pero ben avenidos. Que non está nada mal.

martes, 9 de octubre de 2012

¡ XA SOMOS VINTESETE!

Mañá teremos ocasión de coñecer unha nova alumna para a nosa clase de 2ºA. Espero que se atope ben na aula e que os seus novos compañeiros empecen a ser tamén os seus novos amigos. Seguro que si. Os vosos fillos e fillas seguen a traballar a un ritmo moi bo a pesares do calor que vai dentro da clase. Aínda que temos as fiestras abertas os suores bañan as súas caras como se estivésemos en pleno verán. De verdade que, cando suben do recreo, semellan vir dunha sauna. Teñen tanta sede que, para moitos deles, non hai auga que chegue. Como xa sabedes xa empezaron a coller prestados libros da biblioteca do cole. Creo que lles fai moita ilusión. Aqueles raparigos que coñecín hai ben pouco xa adquiriron algúns dos permisos que o centro concede aos que xa amosan ter algunha responsabilidade. Van medrando ao mesmo tempo que os días acortan as súas horas de luz. Que ben que as almas dos nenos teñan sempre unha luz infinita!

jueves, 4 de octubre de 2012

¡VENTO EN POPA...!

Perdoade por tardar tanto en contarvos as cousiñas da clase, estiven cunha farinxitis bastante forte que me deixou afónica e o agasallo, que aínda dura, dunha fábrica de secrecciones nasais infinitas, mais todo pasa. A principal novidade nestes días foi a experiencia de estudar e de dicir o estudado en Coñecemento. Eu estou gratamente sorprendida xa que case todos os rapaces e rapazas souberon todo perfectamente, e os que non estou segura que foi debido aos nervos. Día a día irán acostumándose a esta rutina e, sen decatarse, aprenderán conceptos que os farán máis sabios. Non levan Medio todos os días, o que si levan é o capítulo para ler e ilustrar. Para evitar posibles esquecementos escribirán na axenda as súas tarefas. Gustaríame poder ser eu quen as escribise pero non hai tempo material. Xa sabedes como corre o tempo!