Buscar este blog

martes, 9 de octubre de 2012

¡ XA SOMOS VINTESETE!

Mañá teremos ocasión de coñecer unha nova alumna para a nosa clase de 2ºA. Espero que se atope ben na aula e que os seus novos compañeiros empecen a ser tamén os seus novos amigos. Seguro que si. Os vosos fillos e fillas seguen a traballar a un ritmo moi bo a pesares do calor que vai dentro da clase. Aínda que temos as fiestras abertas os suores bañan as súas caras como se estivésemos en pleno verán. De verdade que, cando suben do recreo, semellan vir dunha sauna. Teñen tanta sede que, para moitos deles, non hai auga que chegue. Como xa sabedes xa empezaron a coller prestados libros da biblioteca do cole. Creo que lles fai moita ilusión. Aqueles raparigos que coñecín hai ben pouco xa adquiriron algúns dos permisos que o centro concede aos que xa amosan ter algunha responsabilidade. Van medrando ao mesmo tempo que os días acortan as súas horas de luz. Que ben que as almas dos nenos teñan sempre unha luz infinita!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Puedes dejar aquí tu opinión, comentarios o lo que desees...