Buscar este blog

domingo, 28 de octubre de 2012

¡SON TODOS OS QUE ESTÁN PERO NON ESTÁN TODOS OS QUE SON!







Como ben sabedes o xoves pasado fomos ao cine. Portáronse moi ben tanto no autobús como na sala do C.G.A.I. Aínda que a película durou dúas horas, polas súas caras e gargalladas penso que o pasaron ben. Levaron para a casa unha nova historia sen fin ata que eles a remataran. Seguro que tamén vos decatastes de que o xoves, en vez de ter un capítulo como estaban a levar os demais días, levaron un escrito sen ser capítulo. A razón foi  que o que  lles tocaría, como foi escrito tempo atrás, non se correspondía co que estaba a pasar neste día concreto de outubro de 2012. Foi por iso que as titoras de 2º decidimos darlle outra lectura nova e continuar co anterior cando o que se conte se corresponda coa realidade. Cando o vexades os daredes conta perfectamente do que vos estou a dicir. Esta semana que comeza será especial. Celebraremos o Samaín con distintas actividades e o mércores, como día central da conmemoración, poderán vir disfrazados aqueles nenos e nenas que libremente así o prefiran. Espero que o celebren con ledicia. Por certo, nas fotos que vos mando non están todos os rapaces, foime imposible sacalos sen fotografiar totalmente a nenos e nenas doutras clases. A próxima vez intentarei que estean todos os que son.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Puedes dejar aquí tu opinión, comentarios o lo que desees...