Buscar este blog

jueves, 20 de diciembre de 2012

¡CHEGAN OS REIS MAGOS!

O venres virán os Reis Magos ao cole para ilusionar aos nenos e nenas que os saben mirar con ilusión. Temos preparados para eles as cartas manuscritas coas súas peticións. Pareceume que as cartas dos vosos fillos e fillas non eran demasiado longas, supoño que as Súas Maxestades alegraranse por iso xa que hai moitos nenos e nenas no mundo agardando recibir algo de aquilo que pediron, cheos de esperanza e de luz na mirada. Para mín é un día moi especial, e creo que para eles tamén. Desafortunadamente para min eu fun perdendo co paso do tempo esa intensidade de luz mais o que non perdín, e espero non perder nunca, é a alegría que me produce ver os ollos dun neno ante as Súas Maxestades chegadas de Oriente. Vexo entón todo o bonito da VIDA asomando por uns olliños puros e inocentes. Que pena que o tempo leve con el tanta inocencia. Que ledicia poder desfrutar dela cada día na presenza duns seres que aplauden con toda a súa forza a chegada de Melchor, Gaspar e Baltasar.

miércoles, 19 de diciembre de 2012

FELIZ NAVIDAD !!!!




Me ha sido imposible subir la presentación con sonido al blog.Esto es lo que he conseguido poner, no se escucha la música y hay que pasar las diapositivas "a mano". Si os interesa tenerlo como lo hice en un principio decídmelo y os lo envío por correo electrónico.

martes, 4 de diciembre de 2012

¡NON É O QUE PARECE!

Refírome aos resultados dos "exames" que levaron hoxe os vosos fillos e fillas, resultados entendidos como o traballo que fixeron neles. Sinceramente eu pensaba que os rapaces ían responder mellor a estas "probas". Nas clases diarias parece que fan todo moito mellor, que non cometen tantos erros e, sobre todo, que prestan máis atención ao que están a ler para despois poder responder axeitadamente. Mais para min esas "probas" feitas non deixan de ter a importancia que ten, moi pouca en comparación co seu traballo, co seu esforzo e co seu comportamento. De todos os xeitos permitideme que dea un consello a aqueles pais e nais que viron hoxe unhas fichas bastante mal feitas: para as vindeiras ocasións nos que os nenos teñan que facer estes "exames", se vos parece e podedes, mirade con eles os exercicios do libro que teñen feitos na clase, axúdalles moito á hora de facer outros iguais ou moi parecidos e vainos preparando para o curso vindeiro. Non se trata de poñer notas a estes "exames", trátase de que os vosos fillos e fillas vaian acostumándose a estudar un pouquiño cando lles sexa necesario. Mais tamén é certo que son aínda pequenos para agardar deles o que todavía, se cadra, non poden dar.

domingo, 2 de diciembre de 2012

Afortunadamente todo foi un susto mais á vida gústalle sorprenderte tamén con algo máis que con alegrías. Como saberedes polos vosos fillos e fillas o xoves sentiume mal na clase e non puiden estar con eles toda a mañán. O corazón non quería latir como ten que latir e o medo, polo menos o que eu sinto neses casos, foi medrando co tempo. O cardiólogo aconselloume descanso total polo que o venres non asistían ao cole. Esta incidencia impediu que puidesen facer os "exames" como estaban previstos, polo que serán feitos esta semana. Non vos preocupedes por iso. Espero non recibir sustos como estes a miúdo porque ben é verdade que un, en moitas ocasións, non sabe o bo que ten ata que o perde, aínda que sexa so por momentos. Que bonito é estar ben!