Buscar este blog

jueves, 20 de diciembre de 2012

¡CHEGAN OS REIS MAGOS!

O venres virán os Reis Magos ao cole para ilusionar aos nenos e nenas que os saben mirar con ilusión. Temos preparados para eles as cartas manuscritas coas súas peticións. Pareceume que as cartas dos vosos fillos e fillas non eran demasiado longas, supoño que as Súas Maxestades alegraranse por iso xa que hai moitos nenos e nenas no mundo agardando recibir algo de aquilo que pediron, cheos de esperanza e de luz na mirada. Para mín é un día moi especial, e creo que para eles tamén. Desafortunadamente para min eu fun perdendo co paso do tempo esa intensidade de luz mais o que non perdín, e espero non perder nunca, é a alegría que me produce ver os ollos dun neno ante as Súas Maxestades chegadas de Oriente. Vexo entón todo o bonito da VIDA asomando por uns olliños puros e inocentes. Que pena que o tempo leve con el tanta inocencia. Que ledicia poder desfrutar dela cada día na presenza duns seres que aplauden con toda a súa forza a chegada de Melchor, Gaspar e Baltasar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Puedes dejar aquí tu opinión, comentarios o lo que desees...