Buscar este blog

martes, 4 de diciembre de 2012

¡NON É O QUE PARECE!

Refírome aos resultados dos "exames" que levaron hoxe os vosos fillos e fillas, resultados entendidos como o traballo que fixeron neles. Sinceramente eu pensaba que os rapaces ían responder mellor a estas "probas". Nas clases diarias parece que fan todo moito mellor, que non cometen tantos erros e, sobre todo, que prestan máis atención ao que están a ler para despois poder responder axeitadamente. Mais para min esas "probas" feitas non deixan de ter a importancia que ten, moi pouca en comparación co seu traballo, co seu esforzo e co seu comportamento. De todos os xeitos permitideme que dea un consello a aqueles pais e nais que viron hoxe unhas fichas bastante mal feitas: para as vindeiras ocasións nos que os nenos teñan que facer estes "exames", se vos parece e podedes, mirade con eles os exercicios do libro que teñen feitos na clase, axúdalles moito á hora de facer outros iguais ou moi parecidos e vainos preparando para o curso vindeiro. Non se trata de poñer notas a estes "exames", trátase de que os vosos fillos e fillas vaian acostumándose a estudar un pouquiño cando lles sexa necesario. Mais tamén é certo que son aínda pequenos para agardar deles o que todavía, se cadra, non poden dar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Puedes dejar aquí tu opinión, comentarios o lo que desees...