Buscar este blog

jueves, 30 de mayo de 2013

¡E SEGUIMOS APRENDENDO!

Estes últimos días, igual que os anteriores, os vosos fillos e fillas siguen aprendendo cousas novas e repasando conceptos de máis tempo. Como poden ver nas súas libretas comazamos a práctica da división. Creo que, en pouco tempo, serán quen de facelas al igual que xa fan as multiplicacións ou as restas levando. O vindeiro martes temos a visita ao Parque de Bombeiros. Estou segura de que para eles será unha bonita experiencia pois, durante un rato, poderán sentirse case un deles cando estean co casco posto ou subidos a un dos seus camións. Estes días non deixo de pedirlles un derradeiro esforzo para rematar o curso o mellor preparados posible. Ese foi sempre o obxectivo principal mais non o único. Gustaríame tamén que lembrasen estes dous últimos anos como un tempo escolar feliz. Oxalá que si.

jueves, 23 de mayo de 2013

¡ A POETISA EN PERSOA!

Como vos contei na última entrada unha compañeira dos vosos fillos e fillas, Sofía, gañou o primeiro premio de Poesía mais non puidera recibir o seu Diploma por non estar no cole ese día. Pois ben, este martes recibiuno na clase acompañado dun gran aplauso dos seus compañeiros. Vai o tempo tan deprisa que dentro de nadiña deixarán o primeiro ciclo preparados para recibir un verán que parece que non quere chegar. Mentres chega seguiremos aprendendo a dividir, repasando as táboas, lendo cada día mellor e estudando os cadros importantes de Coñecemento. Cando lles corrixo as libretas é cando percibo con máis claridade os progresos que foron tendo ao longo destes meses. Penso que o uso do boli foi un gran aliciente para mellorar a súa atención. Estou contenta e satisfeita de como están saíndo as cousas. Espero e desexo que vós tamén.

domingo, 19 de mayo de 2013

¡FESTA DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

O xoves pasado celebramos na escola o Día das Letras Galegas. Como ben sabedes os vosos fillos e fillas prepararon un poema do autor homenaxeado este ano. A verdade é que o recitaron de marabilla, alto e claro para que todo o público oese ben o que estaban a dicir. Houbo actuacións dun alto nivel musical, como a que realizaron algúns dos vosos fillos, irmáns dos meus alumnos. Houbo, como non, baile ao son da música, tanto de alumnos como de mestras. Ben bailado, si señor. E, finalmente, houbo a entrega de premios para os gañadores e gañadoras dos Concursos de Relato curto e Poesía deste ano. Felizmente unha nena da nosa clase, Sofía, foi a gañadora do primeiro premio de P





oesía. Ela non puido recollelo porque non estivo ese día no cole mais unha das súas mellores amigas, Celia, recolleuno no seu nome. Alegrámonos motísimo deste merecido premio. Espero, como sempre, que as fotos completen o que vos conto. E que vos gusten.

miércoles, 15 de mayo de 2013

¡ E TAMÉN ALFAREROS!

Hoxe os vosos fillos e fillas convertíronse en artesáns arcilleros. Fixeron as súas propias tazas, a man e a modiño para que todo saíra ben. Pintáronas ao seu gusto, seguindo, iso si, unhas pautas do monitor da actividade. Tiveron tempo tamén para xogar mentres tomaban a merenda e de ver un pequeno documental onde explicaban todo o proceso que realiza o barro para se transformar nas fermosas figuras de Sargadelos mentres os seus traballos secábanse para poder pintalos. É moi proveitoso saber que chegaron contentos e marcharon máis contentos aínda. En pouco tempo mandaranos ao colexio todas as súas creacións para que vostedes poidan velas e para que eles teñan un bonito recordo desta actividade. Aprender ludicamente é aprender co corazón e, estou segura, esas aprendizaxes non se esquecen nunca. Espero que as fotografías que lles envío sexan unha mostra visual do que eu cóntolles con palabras.










miércoles, 8 de mayo de 2013

¡O CORAZÓN DE LOLO!

Hoxe visitaronos tres voluntarios da Cruz Vermella para contarnos un conto que nos levase a reflexionar sobre a importancia de axudar ás persoas necesitadas, ou sexa SOLIDARIEDADE en estado puro. Dúas rapazas, Sofía e Alba Prado, quixeron ler o conto en voz alta para todos nós. Despois todos os rapaces e rapazas fixeron un debuxo das súas familias "aumentadas" cun neno ou nena imaxinarios que chegarían á familia para ser axudados. Penso que foi unha actividade entretida e de gran proveito para eles. Mándovos as fotografías para que vos fagades unha idea de como aconteceu a sesión. Espero, como sempre, que vos gusten.









lunes, 6 de mayo de 2013

¡LECTURAS, MOCHILAS VIAXEIRAS, VISITAS DA CRUZ VERMELLA E TANTAS COUSAS...!

Nestes días de sol e chuvia os vosos fillos e fillas seguen a traballar acadando os obxectivos dun xeito, en xeral, satisfactorio. Mais teño que dicir que falar tamén seguen falando cando debían de escoitar o silencio. Fáltalles descubrir a beleza do son do silencio. Ese silencio que tranquiliza, que relaxa, que permite aos sentidos redescubrir a vida. Mentres seguimos visitando países grazas ao traballo de aqueles rapaces e rapazas que, voluntariamente, queren ensinarnos novas paisaxes, novos costumes. Por outra banda lamento ter que retirar os libros collidos da biblioteca do centro para a súa lectura no Plan Lector xa que, desgraciadamente, cada día aparecen máis roturas neles. Non podo responsabilizar a ninguén pois non sei quen pode facelo. Mentres eles len eu aproveito para escoitarlles ler dun xeito individualizado, veñen á mesa da profe por orde alfabética para poder demostrarme o moito que van mellorando na súa lectura. O vindeiro mércores teremos a interesante e sempre positiva visita da Cruz Vermella. Falarán cos nenos de moitas cousas que lle serán de moito proveito. Eu escoitareilles con moita atención para ser quen de aprender todo o que poida axudarme a ser mellor persoa. Hai sempre tanto que aprender...