Buscar este blog

lunes, 6 de mayo de 2013

¡LECTURAS, MOCHILAS VIAXEIRAS, VISITAS DA CRUZ VERMELLA E TANTAS COUSAS...!

Nestes días de sol e chuvia os vosos fillos e fillas seguen a traballar acadando os obxectivos dun xeito, en xeral, satisfactorio. Mais teño que dicir que falar tamén seguen falando cando debían de escoitar o silencio. Fáltalles descubrir a beleza do son do silencio. Ese silencio que tranquiliza, que relaxa, que permite aos sentidos redescubrir a vida. Mentres seguimos visitando países grazas ao traballo de aqueles rapaces e rapazas que, voluntariamente, queren ensinarnos novas paisaxes, novos costumes. Por outra banda lamento ter que retirar os libros collidos da biblioteca do centro para a súa lectura no Plan Lector xa que, desgraciadamente, cada día aparecen máis roturas neles. Non podo responsabilizar a ninguén pois non sei quen pode facelo. Mentres eles len eu aproveito para escoitarlles ler dun xeito individualizado, veñen á mesa da profe por orde alfabética para poder demostrarme o moito que van mellorando na súa lectura. O vindeiro mércores teremos a interesante e sempre positiva visita da Cruz Vermella. Falarán cos nenos de moitas cousas que lle serán de moito proveito. Eu escoitareilles con moita atención para ser quen de aprender todo o que poida axudarme a ser mellor persoa. Hai sempre tanto que aprender...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Puedes dejar aquí tu opinión, comentarios o lo que desees...