Buscar este blog

jueves, 20 de marzo de 2014

ABRACADABRA!

O pasado luns os seus fillos e fillas asistiron no colexio a un espectáculo de maxia e ilusión que fixo que todos os presentes adultos volvéramos a sentirnos como nenos. Que terá a maxia que fai que a realidade se nos amose posible sendo imposible? O mago consegueu convertir o espazo do ximnasio nunha sala chea de maxia, de dúbidas e de sorpresas. Sería marabilloso poder provocar nas caras dos nenos un sorriso infinito, un sentimento, aínda sen nombre, que fose quen de alegrarlles sempre, de transformar para eles un mundo, ás veces non bonito, nun lugar inmellorable para vivir. Iso é o que merecen verdadeiramente e as persoas que estamos ao seu carón, viviríamos sen a sensación tantas veces anidada en nós, que non podemos conseguir iso para eles, ese espazo de risas, de asombro, de sorpresa, de inocencia...As contas e os problemas de matemáticas non me sirven para iso, tampouco os ditados, nin as copias, mais temos tempos de conversación e de lecturas onde a maxia si é posible. Iso faime feliz. Oxalá que a eles tamén.Envíolles, como sempre, unha mostra do que alí pasou, mais non sempre unha imaxe vale máis que mil palabras. Os fermosos sentimentos valen máis que imaxes ou palabras.











miércoles, 5 de marzo de 2014

QUEN SON?

O venres pasado como todos vostedes saben os seus fillos e fillas celebraron o Antroido no colexio. Ademais de traer ricos postres típicos destas datas dos que deron boa conta no recreo trouxeron postos bonitos disfraces que fixeron que eles fosen o que non son: piratas, cíngaras, paiasos...Creo que o pasaron moi ben, sobre todo no tempo do desfile ante uns pais que, expectantes e felices, aplaudiron o seu paseo polo pabellón. Espero, de corazón, que estes días lles sirvesen para descansar e para disfrutar duns días especiais pasados por auga. Como sempre adxúntolles unhas fotos que espero, sexan para sempre, unhas fermosas lembranzas dun tempo que xa foi.