Buscar este blog

miércoles, 30 de enero de 2013

¡ PAZ, PAZ, PAZ...!







Hoxe celebramos no colexio o día da Paz. Sempre pensarei que é unha mágoa que haxa que celebrar ese día como se fose algo especial, non teríamos que falar da paz como unha utopía ou un soño case irrealizable. Pero bueno, imos ao que imos. Os vosos fillos e fillas cantaron a canción que prepararan co profesor de Música e un dos compañeiros, Iago García, xunto a unha nena de 2ºB leron un escrito feito no Departamento de Convivencia. Leron de marabilla, por certo. Mándovos algunhas fotos para que tamén vexades o gran traballo que fixeron todos os rapaces e rapazas do cole, incluídos os vosos fillos, para crear unha gran pomba da paz feita coas mans que eles elaboraron. A verdade é que quedou preciosa e impresiona vela ao pensar que algo tan bonito puidese facerse real dunha vez por todas. Como sempre vos digo, espero que vos gusten.

martes, 29 de enero de 2013

¡ MOCHILA VIAXEIRA!

O venres da semana pasada comezamos unha nova experiencia:"a mochila viaxeira". Os vosos fillos e fillas levarana para a casa para que, entre todos, leades o conto que vai dentro dela e colaboredes coa experiencia contestando tamén unha enquisa incluida na mochila. Mais os rapaces son os verdadeiros protagonistas pois a súa participación é a fundamental neste traballo. Cada un deles, despois de ler o conto, terá que escribir o que desexe sobre este tema nun folio en branco que hai nunha das carpetas de fundas que hai na que tanto viaxará. Unha aclaración importante: participarán aqueles nenos e nenas que demostren cada día ser responsables co material do colexio, pois o deterioro ou a pérdida de dita mochila sería un problema de difícil solución. Por suposto trátase dunha actividade voluntaria onde ningún deles participará se non é do seu agrado. As mestras esperamos que vos guste esta experiencia e, oxalá, que todos aprendamos algo novo dela.

lunes, 28 de enero de 2013

¡ ESAS FICHAS...ATA O FINAL!

Hoxe tiven que falar un pouco seria de máis cos vosos fillos e fillas. Moitos deles, non todos por suposto, traen a ficha que lles entrego os venres para que eles soliños escriban a historia ata o final do folio, case sen escribir, como moito catro ou cinco renglóns e un FIN xigante que ocupa a maioría da folla. Por iso hoxe díxenlles que a próxima vez que alguén a traia sen rematar levaríaa de volta a casa cunha notiña na axenda. Sinto ter que chegar ata aí pero, lamentablemente, ás veces, eles mesmos son os que non me deixan outra opción. Falamos disto moitas veces, todos os luns para non mentir. De como hai que facer as fichas e de como é moito máis bonito facelas do mellor xeito posible, de dar todo o mellor que cada un de nós temos.

jueves, 24 de enero de 2013

¡ SEN CAPÍTULO!

Hoxe fixeron o "exame" de Mate. Estes dous días pasados fixeron os de Lengua e Lingua e mañán xa o último, o de Medio, levan o libro para repasar na casa. O que non levan é o capítulo correspondente porque a fotocopiadora non funciona, polo menos hoxe. Non sei mañana. Alégrome de estar de volta aínda que a voz me saia rota e a garganta estea todavía regular, e alégrome máis de ter a todos os nenos e nenas na clase, algúns deles xa recuperados das súas molestias e febres. Non vai calor estes días no cole mais non hai nada como a compañía destes pequenos para facer dun ambiente bastante frío un lugar onde algúns queren quedar en manga corta. Cando eu era nena coma eles nunca tiña frío, serán os anos...

sábado, 19 de enero de 2013

¡ UNHA IMAXE VALE MÁIS QUE MIL PALABRAS!

Como xa vos contei o outro día os vosos fillos e fillas están aprendendo a multiplicar como se fose un xogo. Entenderon perfectamente o mecanismo e dun xeito lúdico son capaces de dicir as táboas como quen conta un conto. A verdade que os nenos non deixan de sorprenderme. Día a día amosan unha grande capacidade para aprender. E moita ilusión. Estes ingredientes son os que os converten en alumnos ideais. Capacidade, ilusión e moita vontade. E para que comprobedes que non hai exaxeracións pola miña parte mándovos a proba que o demostra. Ollade ben as súas miradas, alí atoparedes un mundo feliz.

martes, 15 de enero de 2013

¡ A MULTIPLICACIÓN XA É NOSA!

Pois así é. Despois de apoderarnos das sumas e restas levando comezamos, a modiño, coa multiplicación. Aínda que pareza mentira, onte, os vosos fillos e fillas foron quen de multiplicar oralmente ata a táboa do seis sen decatarse, como un xogo, como ten que ser. A maioría deles din que xa saben facelo perfectamente, exaxeran un pouquiño...Mais é verdade que penso que axiña si será certo. É cuestión de paciencia, tempo e moita, moita vontade pola súa parte. E mentres aprendemos segue caendo auga do ceo. Pero nunca choveu que non escampara, non si?

jueves, 10 de enero de 2013

¡ ANO NOVO...LIBROS NOVOS!

É así son as cousas. De volta ao traballo escolar diario, de volta aos ditados sorprendentes, de volta a pagar o que se debe cando se trata de restas, de volta a ver na pizarra dixital documentais, videocontos, de volta a todas esas accións que persiguen dar aos vosos fillos e fillas todo o que eles necesitan para aprender e para medrar coas mellores condicións posibles que se poden dar na escola. Xa comprobei que os Reis Mafos foron xenerosos de verdade, estou segura de que os nenos recibiron todo o bo que merecen que, sinceramente, é moito. Gustaríame que as Súas Maxestades non esqueceran agasallarlles tamén cunha boa morea de risas, de ganas de xogar e de cachiños de silencio cando a situación o requira. As palabras son fermosas mais o silencio é quen deixa que estas se aposenten nas almas dos que as escoitan. Como puideches ver os vosos fillos levaron hoxe unha nota onde as titoras vos informamos dunha próxima visita ao Palacio da Ópera. É unha visita programada polo mestre de Música. Penso que lles gustará. Espero que tamén lles gusten as novas explicacións de medio pois serán moitas a partires de hoxe e todos sabemos que cando algo é do noso agrado é moito máis doado facelo con alegría.

lunes, 7 de enero de 2013

¡ REIS MAGOS!














Antes de nada dous desexos pola miña parte: Un novo ano cheo de felicidade e que as vosas expectativas coa chegada dos Reis Magos ás vosas casas se cumpriran completamente. É un día especial o 6 de xaneiro. Despois dunha longa noite de espera as horas seguintes pasan de contado xogando cos agasallos dos que marcharon a Oriente ata o ano que ven. Nesta entrada veredes como foi o seu encontro no colexio hai xa uns días. Espero que vos gusten. Para eles foi unha bonita experiencia.