Buscar este blog

jueves, 10 de enero de 2013

¡ ANO NOVO...LIBROS NOVOS!

É así son as cousas. De volta ao traballo escolar diario, de volta aos ditados sorprendentes, de volta a pagar o que se debe cando se trata de restas, de volta a ver na pizarra dixital documentais, videocontos, de volta a todas esas accións que persiguen dar aos vosos fillos e fillas todo o que eles necesitan para aprender e para medrar coas mellores condicións posibles que se poden dar na escola. Xa comprobei que os Reis Mafos foron xenerosos de verdade, estou segura de que os nenos recibiron todo o bo que merecen que, sinceramente, é moito. Gustaríame que as Súas Maxestades non esqueceran agasallarlles tamén cunha boa morea de risas, de ganas de xogar e de cachiños de silencio cando a situación o requira. As palabras son fermosas mais o silencio é quen deixa que estas se aposenten nas almas dos que as escoitan. Como puideches ver os vosos fillos levaron hoxe unha nota onde as titoras vos informamos dunha próxima visita ao Palacio da Ópera. É unha visita programada polo mestre de Música. Penso que lles gustará. Espero que tamén lles gusten as novas explicacións de medio pois serán moitas a partires de hoxe e todos sabemos que cando algo é do noso agrado é moito máis doado facelo con alegría.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Puedes dejar aquí tu opinión, comentarios o lo que desees...