Buscar este blog

jueves, 19 de septiembre de 2013

BENVIDOS-AS A 1ºA

Comezou un novo curso cheo de ilusións, libros novos e, se cadra, lembranzas dun verán que, ás veces, non quere marchar dos nosos recordos. Estes primeiros días estivemos a facer fichas de repaso dos números e das letras que xa aprenderan o curso pasado. A última hora desfrutamos da pizarra dixital interactuando con ela mediante xogos e cancións ou vendo e escoitando algún conto axeitado a súa idade. O vindeiro luns, día 23, teremos a reunión xeral ás catro da tarde. En principio estaba prevista para as cinco mais, a causa dunha visita médica imposible de cambiar, tivo que ser adiantada para as catro. Grazas de antemán. Os vosos fillos e fillas foron traballando bastante ben. Os rapaces e rapazas que non rematen algunha ficha levarana para a casa para que as fagan este fin de semana e poidan seguir así o ritmo da clase, De todos os xeitos se algún pai ou nai prefire que non as rematen non teñen por que facelo. A miña única intención é que o curso se desenrole do mellor xeito posible, o meu principal obxectivo: que os seus fillos-as sexan felices mentres aprenden. Non lles parecería un bo obxectivo para todos nós?

1 comentario:

  1. Me sentiria mas que satisfecha como madre que fueras capaz de conseguir esto.Hace muchos años de mis estudios, pero te puedo garantizar que los profesores que lo han consequido se han quedado grabados para siempre.

    ResponderEliminar

Puedes dejar aquí tu opinión, comentarios o lo que desees...