Buscar este blog

sábado, 18 de enero de 2014

¡CON TODOS VÓS...A MÚSICA!

O pasado xoves os seus fillos e fillas asistiron, como xa saben vostedes, ao pazo da Ópera de A Coruña para escoitar á Orquesta Sinfónica. Teño que dicir que o comportamento dos rapaces e rapazas foi moi, moi bo. Escoitaron en silencio cando a música soaba e participaron activamente cando a presentadora do concerto, a señora Música, animabaos a bailar aínda que fose sentados nas súas butacas. Creo que disfrutaron dun pequeno recorrido musical ao longo do tempo coas distintas melodías interpretadas pola Orquestra. A música é fundamental para recoñecer a importancia do son e do silencio. Como na propia vida. Aproveito esta entrada para comentarlles tamén que o ano comezou como rematara: traballando e aprendendo. Por suposto xa empezamos os libros de texto do 2º trimestre e seguimos a traballar na libreta con actividades cada día máis complexas, ás que responden sen problema.É marabilloso poder comprobar persoalmente a capacidade dos nenos e nenas destas idades para asimilar novos conceptos e contidos. É marabilloso poder participar nese proceso. Ogallá que se poidese transmitir a maxia da música a través dunhas fotografías.












No hay comentarios:

Publicar un comentario

Puedes dejar aquí tu opinión, comentarios o lo que desees...