Buscar este blog

viernes, 14 de febrero de 2014

¡VISITA DA CRUZ VERMELLA E REENCONTRO COAS RESTAS LEVANDO!

Onte, xoves, recibimos na clase a uns monitores da Cruz Vermella, que, dun xeito sinxelo e entretido, explicáronlle aos seus fillos e fillas que facían para axudar ás persoas necesitadas, non só de alimentos para o corpo senón tamén de cariño e compañía, bos alimentos tamén para a alma. Como saberán levarón un conto de agasallo para casa. Gustoulles escoitalo, sempre lles gusta escoitar historias. Despois fixeron un debuxo da familia incluindo un neno imaxinario que poderían coller os seus pais en acollida. Creo que desfrutaron con esta visita e ademais, algúns deles, escoitaron por primeira vez a experiencia de tetr nenos en acollida na casa. Aproveito tamén para comentarlles que esta semana comezamos a traballar coas restas levando. Penso que a maioría deles entenderon a maneira de facelas, o que falta agora, como é loxico e natural e que, pouco a pouco vaian facéndoas sen axuda, aínda que cometan moitos erros, como é lóxico e natural. A verdade é que aprenden rápido e moi ben.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Puedes dejar aquí tu opinión, comentarios o lo que desees...