Buscar este blog

martes, 29 de abril de 2014

TRABALLANDO EN GALOPÍN

Hoxe adicamos un tempo a elaborar unhas ilustracións que acompañan a un texto para a revista do cole Galopín. Cada un dos seus fillos e fillas presentes no día de hoxe fixeron o debuxo que eles quixeron como colaboración na edición de dita revista. Xa verán que ben lles quedou! Asímesmo comentarlles que seguen a traballar a moi bo ritmo, afianzando as restas levando, incrementando a velocidade lectora e mellorando a letra día a día ( aínda que nalgúns casos é difícil mellorala moito). Lembrarlles que se o seu fillo ou filla aínda non trouxo ao cole o seu libro para o Plan Lector sería estupendo que puidesen traelo xa pois a todos lles gusta ter o seu libro propio sen ter que collelo da biblioteca de aula. Recordarlles tamén a importancia de que lean na casa todos os días pois lendo ben aprenden mellor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Puedes dejar aquí tu opinión, comentarios o lo que desees...