Buscar este blog

martes, 6 de mayo de 2014

COMO DIXERAMOS AO PRINCIPIO DO CURSO

Vostedes lembrarán que, na reunión xeral que tivemos ao principio deste curso, ademais dos diferentes temas que tratamos relacionados co mesmo, eu faleilles da posibilidade de que os seus fillos e fillas puidesen levar o traballo non rematado na clase para casa e que, serían vostedes, os que decidisen se tiñan que acabalo ou non. Sempre quixen deixar claro pola miña parte que os rapaces non estaban obrigados, en absoluto, a facelas fóra do horario lectivo. O único que si lles pedía  era que os seus fillos e fillas procurasen ler todos os días pois, nesta idade, é fundamental para a súa mellor comprensión da realidade. Polos motivos que todos sabemos porque son evidentes hai nenos e nenas que, case todos os días levan traballo sen rematar para casa. O que tiña que ser unha excepción parece que comeza a convertirse, para algúns ( case sempre os mesmos) nun hábito que non me gusta nada de nada. Asegúrolles que, se quixesen, terían todo terminado á hora de acabar o horario das clases, como fan a maioría dos nenos e nenas. Quero insistir en que son vostedes, os seus pais, os que determinan se teñen que rematalos na casa. Eu nunca reñín, nin reñirei, a ningún neno ou nena que non os traia rematados. Son eles os únicos que poden facer o traballo ao seu tempo, se queren. Ás veces quédome con algún alumno ou alumna no tempo do recreo, mais penso que ese tempo non é para facer o que tiñan que facer antes, senón que é un tempo moi necesario para o seu descanso ou os seus xogos. Como mestra non podo facer máis ao respecto. Grazas, como sempre, pola súa colaboración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Puedes dejar aquí tu opinión, comentarios o lo que desees...