Buscar este blog

miércoles, 4 de junio de 2014

UN SAÚDO CORDIAL

Aínda que un pouquiño coxa hoxe volvin a ver os sorrisos das súas fillas e fillos. Agradecinlles, de corazón, o xeito que tiveron de recibirme, con apertas e bicos moitos deles. Algúns deles agasalláronme con pulseiras feitas por eles, outros con debuxos, outros coa súa mirada, mirada de neno que vai máis alá do que se ve cos ollos. Traballamos como sempre. Volveron as adiviñas, as contas de sumas e restas levando, as lecturas individuais, a plastilina, as chamadas de atención por non traballar e a mesma ilusión de sempre. Estes días pasados estiveron a traballar moito no libro Tengo  Todo e no libro de Lingua. Eu teño que reforzar o traballo na libreta e fichas de Lengua e Mate. Sei perfectamente que o profe que estivo no meu lugar fixo con eles un traballo estupendo. As contas de multiplicar están a esperarnos. Un saúdo cordial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Puedes dejar aquí tu opinión, comentarios o lo que desees...