Buscar este blog

domingo, 20 de mayo de 2012

¡ E ASÍ FOI COMO PASOU!

O mércores pasado foi día de festa. María foi a gañadora do Concurso de Relatos do primeiro ciclo e unha irmá doutra nena da clase, Alicia, foi tamén a gañadora no seu ciclo. Foi unha auténtica sorpresa para ela, que foi galardonada cun diploma e cun libro. Todos lle demos a noraboa. Eu tamén un bico. Antes do recreo traballamos adicando a maior parte do noso tempo á vida e obra de Valentín Paz Andrade. Da súa vida faleilles eu un pouco e da súa obra limos un par de poemas que lles costou un pouquiño entender, o seu vocabulario parecíalles un pouquiño bastante complicado mais había que traballar sobre iso e traballamos. Despois do recreo tivemos a festa. Os vosos fillos e fillas tiveron  unha bonita actuación de baile e canto galego. Tamén tres alumnos de 1ºA e tres de 1ºB leron un pequeno escrito que fixeron en clase axudados un pouquiño por min e que os escribo agora para que vexades o moito que son quen de facer. Tamén envíovos algunhas fotos onde están bailando e cantando e están, máis que nada, felices e contentos. Non sei se as cámaras son capaces de transmitir esas emocións...As nais e os pais si somos capaces de recibilas. ¿Non si? O texto dicía así:





































" Como estamos a celebrar o día das Letras Galegas queremos dar a nosa opinión das que nos parecen máis bonitas. Estivemos pensando e pensando e decidimos entre todos que as que máis bonitas nos parecen son a Xe e a Eme. Coa xe podemos escribir e ler palabras tan fermosas como xacarandaina, xoguete, xoaniña, xílgaro, xente, xenial ou xantareiro. Non digades que non soan como se fosen música. Coa eme temos mamá que é tan bonita como as nosas mamás, temos tamén maceira, máxica, marabilloso, meniño, mimosa, miñaxoia, morriña, muiñeira e moitas máis que, se os fixades, tamén empezan con eme. Pois estas son as Letras Galegas dos rapaces e rapazas de 1º. Esperamos que os gustaran tanto como a nós. E se non os gustasen buscade as vosas preferidas e o ano que ven falades vós".

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Puedes dejar aquí tu opinión, comentarios o lo que desees...