Buscar este blog

miércoles, 6 de noviembre de 2013

ESPAZO MÁXICO

Hoxe os seus fillos e fillas asistiron a unha exposición que, ademais de máxica, foi entretida, lúdica e motivadora. Un xeito moi bo de conseguir que os rapaces e rapazas aprendan sen se decatar, aprenden xogando. Na primeira parte da visita fixeron creacións arísticas con buxainas máxicas, creacións que lles permitiron amosar a súa infinita imaxinación. Os ollos dos nenos ven máis alá do visible, creo que moito máis do que podamos ver os adultos. Esa é, para min, outra das súas grandes virtudes. Na segunda parte atenderon ás explicacións que a monitora ( fixo un traballo excelente con eles) foi dándolles das diferentes buxainas que estaban na exposición. Daban ganas de xogar con elas. Nesta entrada teñen unha mostra do que lles conto. Unha imaxe vale máis que mil palabras?










No hay comentarios:

Publicar un comentario

Puedes dejar aquí tu opinión, comentarios o lo que desees...