Buscar este blog

domingo, 17 de noviembre de 2013

RICAS CASTAÑAS ASADAS






O venres pasado celebramos no cole a festa do Magosto. O tempo atmosférico estivo da nosa parte e, aínda que o vento sopraba tan forte que non puidemos xogar aos bolos( era o xogo destinado aos seus fillos e fillas), a chuvia si quiso facer un descanso para nos deixar desfrutar das ricas castañas asadas sen estar pasados por auga. Algúns dos seus fillos non as probaron mais os que si o fixeron repetiron. Contarlles tamén que, como xa saberán pola circular que levaron para casa os rapaces, o cole participa na campaña solidaria "Operación kilo" para recoller alimentos non perecedeiros e compartilos cos máis desfavorecidos colaborando así co Banco de Alimentos Rías Altas da provincia de A Coruña. Por suposto a colaboración por parte das familias é voluntaria. Os alimentos recaudados serán entregados o día 22 deste mes. Da celebración do Magosto mándolles estas fotos para que lles quede unha lembranza deste fermoso día.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Puedes dejar aquí tu opinión, comentarios o lo que desees...