Buscar este blog

martes, 8 de octubre de 2013

AS COUSAS SON COMO SON

Neste martes, veraniego aínda, os vosos fillos e fillas seguen a traballar ben. A grande maioría deles rematan o traballo diario ao seu tempo. Levan o libro de Lecturas amigas para ler na casa. Hoxe teñen que repasar dúas follas que xa levan eles marcadas. Gustariame hoxe aproveitar esta entrada para dirixirme á persoa que, dunha maneira anónima, fixo un comentario dunha entrada deste blog onde manifestaba anonimamente o seu grande disgusto e preocupación por ter postas as fotos do seu fillo ou filla, foto que saquei porque teño os seus permisos por escrito. Como descoñezo a identidade da persoa que así se manifestou quería pedirlle a través deste medio, que me faga saber quen é o seu fillo-a para non volver a sacar a súa imaxe. Como vostedes saben moi ben a miña única intención é informarlles do que van facendo, do que vamos traballando, do que falamos, do que fan na pizarra dixital...Penso que pode ser tamén un recordo bonito deste tempo que pasa tan ás présas. Mais respeto profundamente o pensamento de todas as persoas, o que non entendo tan ben é o seu permiso concedido, suponse que é máis coherente non dar ese permiso se non se quere que o seu fillo-a sexa visto. Opinión que si respeto profundamente. Pero, en fin, as cousas son como son. Atentamente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Puedes dejar aquí tu opinión, comentarios o lo que desees...