Buscar este blog

lunes, 14 de octubre de 2013

GRANDES CAMIÑANTES

Parece mentira que xa levemos máis dun mes de curso. Pasan os días ás presas como se fosen perseguidos por alguén e, mentres pasan, os seus fillos e fillas van adaptándose a este novo curso. Traballan diariamente nas libretas facendo pequenas adiviñas ou copias que adornan cun debuxo. Van traballando tamén cos libros de texto e, a modiño, como camiñan os caracois, van aprendendo conceptos novos e novas destrezas. Cando queiramos darnos conta os seus pasos, agora máis lentos, terán collido moita máis velocidade para percorrer o camiño diario que é a aprendizaxe. Teño grandes camiñantes na miña aula.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Puedes dejar aquí tu opinión, comentarios o lo que desees...