Buscar este blog

miércoles, 2 de octubre de 2013

INTERESES COMÚNS

Os días van pasando e os seus fillos-as van acostumándose ao novo curso e as súas novas costumes escolares. Como xa puideron comprobar xa levan o libro de Primeras Lecturas para que, cada día, lean a páxina que levan marcada. Pídolles que non lles deixen facer na casa as actividades do libro se non están na folla que teñen que ler diariamente. Os venres non o levarán porque, como xa falamos na reunión de principio de curso, levarán un pequeno conto metido nunha funda que non deben perder nin estropear para ler no fin de semana e traer de volta o luns. Penso que todo vai indo ben. A grande maioría traballa a un bo ritmo mais algúns deles non reamatan o traballo no cole e levano para casa. Se a vostedes lles parece ben que o rematen na casa. Se vostedes prefiren que non o acaben xa o irán facendo na clase pouco a pouco. Eu soamente procuro que a aula vaia traballando a un ritmo axeitado para acadar satisfactoriamente os obxectivos do curso. Agora si, a paciencia é a comprensión son cualidades imprescindibles para adaptarse e comprender que cada neno-a é un mundo, saber comprender os seus diferentes ritmos fará que todo vaia ben para todos eles. E iso é o que nos interesa ¿non si?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Puedes dejar aquí tu opinión, comentarios o lo que desees...