Buscar este blog

martes, 22 de octubre de 2013

DE MÁIS E DE MENOS

Sen deixar de escoitar as pingas de chuvia batendo sobre as fiestras os seus fillos e fillas restan sen levar con bastante facilidade. Para eles os números do cero ao dez xa non teñen ningunha dificultade. É por iso que xa están a restar números ata a centena. A libreta pouco a pouco va enchéndose das súas palabras. Palabras que en galego costan máis saír que en castelán. As sesións de Língua teñen que ter traducción simultánea pola miña parte porque algúns dos rapaces-as din que non entenden case nada. Falar galego non falan nin palabra. Procuren, se lles parece ben, que na casa lean neste idioma para facilitar a súa aprendizaxe. Pola contra en castelán algúns deles-as falan de máis. Haberá que equilibralo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Puedes dejar aquí tu opinión, comentarios o lo que desees...